educación archivos - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O Día Mundial da Educación Ambiental celébrase cada 26 de xaneiro co obxectivo de concienciar sobre a importancia de protexer e preservar o medio ambiente, así como de difundir as iniciativas que se desenvolven para a súa conservación. No proxecto DeExcursión estamos comprometidas co noso contorno en todos os seus aspectos, e vivindo como [...]

2023-01-26T14:00:14+01:00enero 26th, 2023|

Volve DeExcursión!

Xa temos unha nova edición de DeExcursión! O proxecto que recompila as rutas máis axeitadas para organizar saídas escolares polas nosas comarcas chega ao seu cuarto número despois dun obrigado paréntese provocado pola pandemia, que impediu darlle continuidade no pasado curso escolar. Sendo como é un dos proxectos máis persoais e queridos de Pingota [...]

2021-09-17T12:33:27+02:00septiembre 20th, 2021|

Mosteiros ou conventos?

  Santa Marta de Ortigueira e o do Rosario, este último situado no concello de San Sadurniño, son os dous únicos conventos que a día de hoxe existen na comarca de Ferrol, na que resultan moito máis numerosos os mosteiros. Estos últimos edificios son aqueles nos que habitan monxes en clausura, mentres que os conventos, [...]

2019-12-23T14:13:54+01:00diciembre 23rd, 2019|

A ruta dos seis castelos

Seis son as construcións defensivas máis importantes que se atopan nas comarcas de Ferrol e Eume. Algunhas son moi antigas e outras máis modernas pero calquera delas ben merece unha visita para entrar en contacto coa súa historia e para desfrutar da súa riqueza arquitectónica. A zona do Eume acolle a fortificación máis lonxeva. [...]

2019-12-10T10:16:18+01:00diciembre 9th, 2019|

Novo curso, novas propostas

Xa só falta o alumnado dos institutos para se incorporar ás clases e de seguro que están apurando estes últimos días de vacacións. Nós xa estamos ao pé do canón cunha nova edición da revista DeExcursión que vén, como sempre, con moitas novidades. Entre elas está a reportaxe que incluímos [...]

2019-09-12T10:35:15+02:00septiembre 12th, 2019|

Tres recomendacións de excursións «alimenticias»

  Aprender a comer ben e a ter unha alimentación axeitada é un hábito saudable que os nenos e nenas teñen que adquirir desde o principio. Organizar saídas escolares que poidan axudar neste camiño non sempre fácil é un recurso co que o profesorado pode contribuír a conseguilo. Na revista DeExcursión propoñemos tres excursións ben [...]

2019-01-10T17:26:24+01:00enero 10th, 2019|

Novo curso escolar. Preparados?

Empeza un novo curso e, un ano máis, na revista DeExcursión poñemos a disposición do profesorado e tamén das asociacións de nais e pais unha morea de propostas interesantes e próximas para aproveitar de xeito lúdico e educativo esas saídas escolares que se programan nestas datas. Estes son días de nervos, morriña por deixar atrás as [...]

2018-09-13T10:45:37+02:00septiembre 13th, 2018|