educación ambiental archivos - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

Caaveiro e Fragas do Eume

A natureza brinda a oportunidade de vivir experiencias únicas e de gran valor didáctico; de achegar os escolares a espazos nos que a formación pode ir da man da diversión; nos que descuberta do patrimonio natural máis próximo convírtese nunha apaixonante viaxe para, desde o pasado, axudar a comprender o presente. A comarca do Eume [...]

2024-12-09T12:32:09+01:00diciembre 9th, 2024|

A Casa do Mel e o Museo Etnográfico das Pontes, moito que aprender!

A Casa do Mel e o Museo Etnográfico Monte Caxado son dous museos únicos e cunha vocación didáctica que os fai perfectos para unha visita de grupos escolares de calquera idade. O primeiro está situado en Goente e cumpriu en 2023 dúas décadas de vida. Moitos nenos e nenas proban o mel por primeira vez [...]

2024-11-11T16:53:31+01:00noviembre 11th, 2024|

Xeoparque Cabo Ortegal, onde falan as rochas

Nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal temos valiosísimos tesouros. Un deles é, sen dúbida, o Xeoparque Mundial Unesco Cabo Ortegal, un espazo de extraordinario valor xeolóxico no que as rochas teñen moito que contar. Para descifrar a súa linguaxe, nada mellor que achegarse a algúns dos lugares que forman parte deste territorio singular, no [...]

2024-11-05T17:54:07+01:00noviembre 5th, 2024|

San Sadurniño: o espazo da Cortiña

A carón do río Xuvia, San Sadurniño dispón dun espazo lúdico e didáctico que fai deste concello unha interesantísima proposta para realizar excursións escolares. Ano tras ano amplíanse os recursos para a rapazada nos terreos denominados da Cortiña, entre os que destacan: A Fraga Máxica, onde conviven gnomos, dragóns, animais de fábula e seres mitolóxicos [...]

2024-10-29T19:33:53+01:00octubre 29th, 2024|

De ruta polos muíños e a fervenza do Belelle

Terra mariñeira, de contrastes, de natureza, de auga, de pan… Porto comercial e estaleiro na Idade Media, a Real Vila de Neda gañouse a mención de capital do trigo de Galicia coa creación, a finais do século XVI, das Casas Reais ou Fábricas de Biscoitos, fornos nacidos para aprovisionar aos barcos da Armada. O municipio [...]

2024-10-21T13:02:19+02:00octubre 21st, 2024|

O Camiño Inglés por Neda

En Neda comeza a segunda das seis etapas nas que se divide a ruta a Compostela. O percorrido por esta apracible vila costeira, que dispón de albergue, é moi sinxelo e doado para realizar co alumnado, que poderá descubrir un territorio con moita historia. Un dos seus primeiros puntos de interese está na Igrexa de [...]

2024-09-20T12:14:23+02:00septiembre 20th, 2024|

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

O Día Mundial da Educación Ambiental celébrase cada 26 de xaneiro co obxectivo de concienciar sobre a importancia de protexer e preservar o medio ambiente, así como de difundir as iniciativas que se desenvolven para a súa conservación. No proxecto DeExcursión estamos comprometidas co noso contorno en todos os seus aspectos, e vivindo como [...]

2024-09-16T12:15:53+02:00enero 26th, 2023|

Volve DeExcursión!

Xa temos unha nova edición de DeExcursión! O proxecto que recompila as rutas máis axeitadas para organizar saídas escolares polas nosas comarcas chega ao seu cuarto número despois dun obrigado paréntese provocado pola pandemia, que impediu darlle continuidade no pasado curso escolar. Sendo como é un dos proxectos máis persoais e queridos de Pingota [...]

2021-09-17T12:33:27+02:00septiembre 20th, 2021|