FRAGAS DO EUME

MOSTEIRO DE CAAVEIRO E FRAGAS DO EUME

  • Centros de recepción de visitantes:
    Estrada Pontedeume-Mosteiro de Caaveiro, km 6, Ombre
    Estrada DP-5003 Mosteiro de Monfero
    Museo Etnográfico da Capela. O Pazo, s/n. A Capela

  • Ferrol 25 Km
    A Coruña 45 Km
    Viveiro 85 Km
    Santiago 88 Km

As Fragas do Eume son un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa. O parque natural, que conta con 9.000 hectáreas de extensión, distribúese polos municipios de Pontedeume, As Pontes e Monfero.

Para coñecer estes exuberantes bosques ao carón do río Eume o mellor é facelo a pé a través dalgunha das diferentes rutas que percorren o parque. Este río, duns cen quilómetros de lonxitude total, labrou un profundo canón, no que se conserva o manto vexetal orixinal dos bosques atlánticos. Carballos, chopos, freixos, amieiros, máis de 20 especies de fentos e 200 de liques converten estas fragas nunha heteroxénea selva. Ademais do gran valor vexetal do parque, as Fragas do Eume contan con máis de 100 tipos de aves e diferentes mamíferos e peixes, entre os que destacan especies endémicas como a ra ibérica.

Para facer nunha xornada en familia ou co alumnado, unha das rutas máis recomendadas é “O secreto do Eume”. Este é o itinerario ideal para coñecer a diversidade vexetal das Fragas e o Mosteiro de Caaveiro, un antigo templo agochado no corazón do bosque, que foi erixido sobre un montículo rochoso rodeado polos ríos Eume e Sesín. Recentemente rehabilitado, este cenobio románico do século X, conta cunhas vistas espectaculares das fragas. Ademais, o recinto posúe un centro de interpretación no que se poden coñecer con maior profundidade as distintas estancias que albergaba o mosteiro: as igrexas, a sancristía, o cabido, o arquivo, a torre do campanario etc.

No Parque Natural das Fragas do Eume restrínxese o uso de vehículos particulares durante a Semana Santa e os meses de verán. Dada a gran afluencia de visitantes neste período tanto ao Parque Natural como ao Mosteiro de Caaveiro, a Deputación da Coruña, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio , ( servizo de conservación da natureza ) , ven prestando un servizo de transporte de visitantes por medio de autobuses entre o Centro de Interpretación do Parque Natural e a Ponte de Caaveiro.

  • Idades: De Infantil a Bacharelato

  • Materias: Ciencias Naturais, Bioloxía, Xeografía e Historia, Ciencias Sociais, Educación Física

  • Información sobre as rutas guiadas: É posible reservar unha visita guiada para grupos escolares coa Deputación os venres.

  • Teléfono de contacto: 688 456 374.

rutas por Ferrol