Pingota, autor en DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal

About Pingota

This author has not yet filled in any details.
So far Pingota has created 90 blog entries.

Indagando no pasado medieval da vila das Pontes

O casco vello das Pontes de García Rodríguez invita a dar un paseo no que indagar os vestixios do pasado medieval da vila, ao tempo que descubrimos pegadas de modernidade, entre elas as pinturas que conforman o proxecto “As Pontes en pezas”. Na web explora.aspontes.org hai un plano cunha proposta de percorrido pola historia da [...]

2025-06-02T11:21:37+02:00junio 2nd, 2025|

Saída por Cedeira: o parque San Isidro e paseo por un casco urbano cheo de sorpresas

Cedeira ten unhas fantásticas condicións para organizar unha xornada de convivencia ao aire libre, xa que dispón dun espazo enorme separado do tráfico, con zonas de sol e de sombra, randeeiras, fonte para beber, baños públicos e cunha praia longa e calma, a da Madalena, xusto ao lado. Agora que está próximo o remate do [...]

2025-05-26T13:03:46+02:00mayo 26th, 2025|

Exponav, un destino para achegarse á construción naval

O Museo da Construción Naval Exponav reúne nun edificio do século XVIII do Arsenal toda a evolución desta actividade desde as primeiras embarcacións ata a carpintería de ribeira e, finalmente, os modernos estaleiros industriais, e constitúe unha visita imprescindible para achegarse tamén á historia da cidade de Ferrol. O inmoble que o acolle son unhas [...]

2025-05-19T11:03:59+02:00mayo 19th, 2025|

Área de Currás e castelo de Naraío, destinos en San Sadurniño para unha saída escolar

Ademais dos terreos da Cortiña, dos que temos falado noutro post, San Sadurniño conta con outro interesante espazo moi axeitado para visitas escolares: a área recreativa dos Currás, perfecta para gozar do bo tempo. Nela pódense practicar diferentes deportes, e desde mediados de xuño ata principios de setembro funciona tamén unha piscina que conta cun [...]

2025-05-06T13:10:12+02:00mayo 6th, 2025|

Faros e sendeiros da Autoridade Portuaria de Ferrol

Vixías do mar, axuda para navegantes, testemuñas de naufraxios e perfectas atalaias desde as que divisar a inmensidade do mar. Ata nove faros alumean a costa desde Ferrol a Ribadeo. Son os que dependen da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e todos se atopan en lugares de extraordinaria beleza nos que poder gozar de enriquecedoras [...]

2025-04-14T13:19:40+02:00abril 14th, 2025|

Para coñecer a vida mariñeira, planificade unha excursión a Cedeira!

Cedeira é destino perfecto para mergullarse no mundo mariñeiro, e o seu Museo Mares é clave para descubrir o pasado e o presente da pesca e o marisqueo na localidade, a actividade que marca a economía e a vida cotiá do pobo. O Mares coida moito aos grupos escolares e adáptase ás idades e intereses. [...]

2025-04-03T13:47:47+02:00abril 3rd, 2025|

O parque Aquaciencia volverá a abrir as súas portas o vindeiro verán

O xardín didáctico Aquaciencia recuperará a partir do próximo verán o espírito co que naceu. Despois de anos sen actividade, o Concello de Ferrol decidiu reparar os elementos que explican, nestas instalacións situadas no parque municipal Raíña Sofía, os diferentes usos da auga a través de máis dunha vintena de enxeños diferentes. Recentemente se anunciou [...]

2025-03-20T19:56:53+01:00marzo 20th, 2025|

Esmelle e a cultura da auga

A parroquia ferrolá de Esmelle está chea de sorpresas. Para empezar, é de destacar a súa bulideira veciñanza, que ademais de estar todo o ano organizando festas e outras moitas actividades, foi quen de emprender no 2003 un proxecto de recuperación do patrimonio etnográfico da zona que ten recibido innumerables premios e recoñecementos nacionais e [...]

2025-02-18T13:01:16+01:00febrero 18th, 2025|

Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

No século XVIII, Narón foi un enclave puxante no que se desenvolvía unha importante actividade de moenda concibida desde o punto de vista empresarial e que se debeu ao labor de industriais franceses asentados na zona. Juan Lestache foi un deles, o máis destacado na súa época e o impulsor -nun primeiro momento co seu [...]

2025-02-06T10:46:27+01:00febrero 6th, 2025|

O CEMAM e o Centro de Interpretación A Mina das Pontes

A finais do século XVIII, cando a leña era a fonte de enerxía fundamental, o fidalgo e ilustrado José Cornide descubriu o xacemento de carbón en As Pontes de García Rodríguez e presentou o seu achado como “un tesouro” ante a Real Sociedade Económica de Amigos do País. Ata mediados do XX non empezou a [...]

2025-02-04T10:46:45+01:00febrero 4th, 2025|