Na búsqueda de mellorar os contidos web, este ano integráronse mapas interactivos nalgunhas das excursións propostas na revista. Son unha maneira de achegar dunha forma visual e moi sinxela todos os detalles dunha ruta, axudando á súa vez á planificación da mesma.

En De Excursión pretendemos difundir o patrimonio histórico, cultural e social da comarca a través da proposta de diferentes actividades e rutas aptas para toda a familia. Pero, sobre todo, enfocadas ao ámbito escolar, onde as excursións son un recurso de aprendizaxe magnífico.

É moi doado utilizar esta ferramenta, pois actúa coma unha presentación con diapositivas, que combina textos, imaxes, mapas e links.

Actualmente hai cinco mapas interactivos dispoñibles; podes consultalos nos seus respectivos apartados na web, ou a través das seguintes ligazóns: