Xa só falta o alumnado dos institutos para se incorporar ás clases e de seguro que están apurando estes últimos días de vacacións. Nós xa estamos ao pé do canón cunha nova edición da revista DeExcursión que vén, como sempre, con moitas novidades. Entre elas está a reportaxe que incluímos para dar a coñecer o interesante traballo que realiza o colectivo de mestres Ilusiona-T, un grupo de profesores e profesoras amantes do seu traballo que dedica tempo a tentar conseguir unha escola pública «ilusionada», como di o seu propio nome.
Unha vez máis os concellos de Ferrol, Eume e Ortegal colaboran coa revista ofrecendo moitas e moi diferentes rutas patrimoniais, de natureza e urbanas, xunto cos seus variados museos e centros de interpretación. DeExcursión ten tantas propostas que non hai por que repetir!
Incluímos tamén varias páxinas dedicadas a empresas e institucións relacionadas co eido educativo, que ofrecen os seus servizos para excursións e saídas escolares, obradoiros e información de moito interese.
Animámosvos a compartir con nós as excursións que fagades desde os centros educativos, e aos que non formades parte da comunidade escolar recomendámosvos tamén estar moi atentos ás nosas propostas, porque son sempre de utilidade para o ocio en familia.

Podes descargar a nosa revista nesta ligazón.

+info sobre a Volta ao Cole en Galicia aquí