As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ofrecen moitos máis destinos para os grupos escolares. Algúns dos que recomendamos en DeExcursión 2022/23 son os seguintes:

Granxa do Souto:

Un centro de actividades ecuestres, en Ortigueira, próximo á estación do tren. Un lugar para montar a cabalo, darlles de comer aos animais, disfrutar da natureza… con albergue para acoller a grupos durante varios días.
www.granxadosouto.es

E-Makers Lab:

En Ferrol, laboratorio de creadores e facedores, para deseñar, crear, construír… Electrónica, drons, programación, robótica, impresión 3D, Minecraft para os alumnos.
www.espaciovivo.gal

Programa Alimentes da cadena de supermercados Gadis:

A aposta educativa da cadena de alimentación para fomentar os hábitos alimenticios saudables entre os alumnos de segundo ciclo de Infantil e Primaria de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontedeume e As Pontes. Visitas aos supermercados e materiais pedagóxicos para traballar na aula.
http://www.gadis.es/visitas-escolares

Albergue de ecoturismo Alvarella:

En Vilarmaior, xunto ao parque natural das Fragas do Eume, este albergue ofrece xunto co aloxamento unha longa lista de actividades educativas e de ocio na natureza.
www.alvarella.com

Urban Planet Oleiros:

Urban Planet conta con distintos recintos espallados por España, cada un deles con diferentes posibilidades de xogo. En Galicia existe un ubicado no Centro Comercial Parque Oleiros. Un espazo indoor con máis de 3.000 metros cadrados de camas elásticas e atraccións para gozar do deporte e divertirse de forma segura cos amig@s.

www.urbanplanetjump.es

Northwest Paintball:

Empresa de Pontedeume especializada en organizar xornadas de paintball con alumnos de tódalas idades.
www.jugaralpaintball.com