Como nas edicións anteriores, Pingota Comunicación apoiase na rede para espallar os contidos da revista DeExcursión. A nosa páxina web (deexcursion.net) recolle todas as rutas da revista, así como experiencias similares ás que se poden desenvolver nos itinerarios que propoñemos. Deste xeito, os profesores e profesoras poden extraer ideas que aplicar ao seu traballo na aula ou nas propias excursións. Tamén apuntamos na web as referencias dos nosos anunciantes, todos eles relacionados co mundo da educación e promotores de interesantes iniciativas das que ofreceremos cumprida información. A nosa páxina permite, ademais, descargar a publicación íntegra en formato PDF.
Ao longo do curso escolar, deexcursion.net vaise actualizando con entradas relacionadas coas diferentes rutas, tanto para dar conta das novidades que se poidan producir como para informar das experiencias dos centros escolares que realizan algunha das excursións que propoñemos. Por iso é moi importante contar cun “feedback” por parte do profesorado, que pode contribuír a dar a coñecer o que atoparon de positivo nas súas saídas escolares ou, se é o caso, o que é necesario mellorar.
O proxecto DeExcursión ten tamén un Facebook @revistadeexcursion para manter unha comunicación áxil con toda a comunidade escolar. Invitámosvos a seguilo xa que aproveitamos esta canle para difundir novas relacionadas coa educación: certames, iniciativas pioneiras, recoñecementos aos colexios ou o seu alumnado… ademais de toda a información relacionada coas rutas escolares. Queremos ter utilidade como correa de transmisión dos valores da educación e agardamos a vosa colaboración para divulgar, analizar ou debater -sempre desde o respecto- os temas que nos unen como comunidade interesada en ter un ensino innovador e útil para formar á cidadanía do futuro.
Para saber máis sobre Pingota Comunicación pódese consultar a páxina www.pingota.com