VOLVEMOS DEEXCURSIÓN!!

Empezamos un novo curso cheo de ilusión despois de dous complicados e DeExcursión non podía faltar á súa cita coas aulas. Más dunha ducia de Concellos e outras institucións como a Autoridade Portuaria ou a Deputación da Coruña ofrecen aos colexios e institutos a través da nosa revista unha chea de propostas para saír de excursión e gozar coa moita variedade de posibilidades que nos ofrecen as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Este ano temos novas rutas, como as sendeiristas de As Pontes ou a Fraga Máxica da Cortina en San Sadurniño. Tamén posibilidades moi interesantes para o alumnado de Bacharelato que queira coñecer o campus industrial de Ferrol. E moitos recursos para aproveitar o tempo de lecer fóra das aulas.

Nestes días estamos a repartir a revista en papel entre os centros educativos de Ferrol, Eume e Ortegal. Ao resto invitámosvos a descargala neste enlace e a tela sempre á man.