Sexa a época do ano que sexa, é imposible visitar as Fragas do Eume e non namorar delas. Dende o punto de vista didáctico, ademais, este bosque atlántico -o mellor conservado da península- é unha inesgotable fonte de riqueza, tanto a nivel paisaxístico como natural ou patrimonial.

Xa de por si é un destino ideal para visitar con escolares ou nenos, pero se queres que a túa experiencia sexa aínda máis completa e espremer ao máximo a visita recomendámosche que contactes co albergue de ecoturismo Alvarella.

Alvarella dispón con todo o que precisas para programar unha estancia cos grupos de rapaces e rapazas. As súas instalacións contan con 12 habitacións de 4 ou 5 prazas, ademais de salas para obradoiros, unha palleira para actividades de recreo, piscina, campo de deporte, rocódromo, horta, invernadoiro, un bosque autóctono…Dende fai anos veñen desenvolvendo un programa de educación ambiental e sostible, que se adecúa á idade dos participantes e que pode impartirse tamén en inglés.

Monitores especializados guían as actividades e obradoiros incluídos en oito bloques temáticos: enerxía, consumo e alimentación, auga, residuos, bioconstrucción, patrimonio cultural, bosque e litoral. Para cada un deles contan con soporte teórico adaptado ao nivel educativo, actividades de reforzo práctico e rutas e saídas complementarias. Como ben ves, unha experiencia integral.

Ademais imparten cursos e obradoiros ecolóxicos e de vida saudable. Dende recollida e preparación de cogomelos pasando por ornitoloxía, fotografía na natureza, elaboración de conservas vexetais, cestería e outros oficios das Fragas…

Na súa web podes atopar máis polo miúdo toda a información da súa oferta, tanto para grupos escolares coma para hóspedes en xeral.

Albergue de ecoturismo Alvarella