Colaboración do grupo Ilusiona-t para DeExcursión
http://www.ilusiona-t.es/

O equipo Ilusiona-T nace no curso 2016-2017 por parte dun grupo de mestres e mestras que simplemente querían seguir aprendendo, traballando e cooperando xunt@s…

Por que se crea este equipo?

Pois en primeiro lugar por amizade e intereses comúns…por gañas infinitas de seguir aprendendo e pola firme convicción de que a escola pública precisa un cambio… Un cambio posible e necesario que entendemos debe nacer precisamente de nós, o capital humano da educación, os mestres e mestras que defendemos unha escola pública inclusiva, diversa, cooperativa e ilusionada.
Para que? Para aportar o noso pequeno gran de area, para compartir o que fagamos, para contaxiar gañas e para demostrar que si se poden facer as cousas de xeito distinto… Xa no seu primeiro ano de vida, o equipo ilusionad@ estivo formado por máis ou menos 40 docentes de distintas localidades de Ferrolterra e fóra dela. Na actualidade somos máis de 50 persoas e de cara ao vindeiro curso limitaremos o número de participantes a 60. Recentemente acabamos de publicar os nosos estatutos, onde se establece claramente a nosa estrutura organizativa así como, por exemplo, os criterios de selección de futuros integrantes… Temos constancia de que son moitas as persoas que queren unirse a nós, e queremos que formar parte do equipo sexa posible para todo@s os interesad@s…Iso si, non queremos perder a nosa esencia, e parécenos que facer un grupo máis numeroso resultaría moi complicado de dinamizar e supervisar. O para que radica aquí, en cubrir a necesidade que temos como colectivo de seguir avanzado, de seguir aprendendo, de unir forzas e, por que non, de animarnos, axudarnos e facer equipo en moitos momentos nos que as dificultades, os problemas ou as trabas ameazan con facernos perder a ilusión….

Como nos organizamos? Pois foi o CFR de Ferrol, da man do seu director Manuel Losada, quen nos facilitou a posta en marcha de varios seminarios permanentes de traballo así como o uso dos seus espazos para as reunións e distintas formacións… No que nun principio non aspiraba a ser máis que unha xuntanza periódica para traballar en ámbitos do noso interese, pouco a pouco foi medrando ata o momento presente. Realizamos xuntanzas mensuais de todo o equipo en Ferrol, pero paralelamente tamén estamos organizados por equipos de zonas: Ferrol, mariña lucense, Fene, As Pontes e Coruña.

Que facemos?

Nestes tres cursos escolares creamos a nosa propia páxina web na que compartimos de forma totalmente desinteresada todo o noso traballo e na cal non deixamos de publicar recursos de forma periódica. Inicialmente invertimos moitos esforzos en formarnos e elaborar diferentes documentos curriculares que nos centros non atopábamos, como perfís de área e de competencia, modelos de adaptacións curriculares que responderan ao novo deseño curricular, relacións de estándares por área e niveis, deseño de tarefas integradas, rúbricas de avaliación, etc. Pero non quedamos aí… unha das nosas principais inquedanzas era precisamente compartir materiais e recursos de elaboración propia que nos permitiran dar unha mellor resposta ás necesidades do noso alumnado e é por iso que nos lanzamos a elaborar o noso propio método de lectoescritura en base a nosa experiencia de aula. Non atopábamos no mercado ningún material que realmente nos gustara e decidimos elaboralo nós mesm@s e compartilo… De forma cooperativa creamos gran variedade de materiais fácilmente descargables e reproducibles, que ofreceran multitude de posibilidades e fixémolo tanto en galego como en castelán… Todas as actividades preséntanse de forma lúdica, con ilustracións moi atractivas. O seu formato é variado: mediante fichas, taboleiros de xogo, actividades de robótica, propostas orais, … fáciles de descargar, imprimir e utilizar. Están pensadas para realizar tanto de forma individual como en dinámicas e estructuras de aprendizaxe cooperativa. O desexo de tod@s os integrantes de Ilusiona-T é que todos os materiais e propostas que elaboremos, se convirtan nun recurso accesible, útil, práctico, sensible e respectuoso coa diversidade presente nas nosas aulas.

Paralelemente a todo isto dende distintos CFR solicitóusenos que impartíramos formacións relacionadas coa robótica, a avaliación adaptada ao alumando con necesidades específicas de apoio educativo ou desenvolvemento curricular. Entendemos que a formación do profesorado é unha peza imprescindible no eido educativo e na medida das nosas posibilidades, sempre intentamos axudar…

Ademais do traballo cooperativo que realizamos os diferentes integrantes do equipo recibimos formacións externas que responden as nosas inequedanzas e necesidades, como por exemplo gamificación ou disciplina positiva. Cada curso escolar deseñamos unha liña de traballo e especializámonos en distintos ámbitos e, sobre todo, intentamos compartir e aprender uns dos outr@s, aportando cadaquen a súa fortaleza, o que fai que a experiencias sexa realmente enriquecedora…

Que esperamos do futuro?

Pois seguir aprendendo e non perder a ilusión… gústanos pensar que somos mestras e mestres con corazón e non queremos deixar de selo por nada do mundo… Somos conscientes do incrible valor que ten a nosa profesión, e queremos chegar a ser a mellor versión de nós mesm@s…queremos contaxiar os centros educativos de innovación e cambio, de gañas, de soños, de felicidade… Entendemos a atención a diversidade como un eixe vertebrador da aula e esforzámonos por atopar as ferramentas, os recursos, as metodoloxías ou as propostas que nos permitan desenvolver ao máximo os diferentes talentos do noso alumnado… Se algo temos claro é que absolutamente todos e todas temos diferentes tipos de talentos, incluídos nós mesm@s, polo que é a nosa responsabilidade e o noso reto facelos florecer…

Como equipo entendemos que teremos que ser nós mesm@s os primeir@s que temos que traballar en equipo, partir de fortalezas, ver o erro como oportunidade e converternos nunha comunidade de aprendizaxe se logo queremos levar todos estes principios ás nosas aulas…

PARA NÓS…A ILUSIÓN É A CLAVE!