Poucas visitas son tan agradecidas como as que os grupos escolares fan á Granxa do Souto, en Ortigueira. Alí esperan aos cativos e cativas a poni de pura raza galega Muras do Souto, a vaca cachena Daisy, a burra fariñeira Orellas, o coello Cuscus e Piruleta, a cabra enana, entre un variado vecindario formado tamén por cabalos, moito cabalos, galiñas, patos, ovellas, tenreiras… Os colexios atopan neste complexo todo o necesario para que o alumnado pase un día emocionante, aprendendo na natureza con monitores especializados e con moita experiencia.
De entrada hai dúas opcións para os grupos. Poden acudir de excursión un día ou quedar a durmir. No primeiro caso, dende a Granxa do Souto contan que os colexios adoitan facer as visitas durante unhas cinco horas, entre as dez da mañá e as catro da tarde aproximadamente, aínda que o horario se adapta ás necesidades de cada grupo. O prezo por persoa oscila, segundo o número de visitantes, entre os 20 e os 13 euros. Os escolares poden levar o seu bocata e comer sentados e a cuberto nas instalacións, onde hai máquinas expendedoras de café e bebidas para os que o precisen.
No segundo, os grupos poden aproveitar os dormitorios que hai dentro da propia granxa. Neste caso, hai un máximo de 25 prazas. O prezo por noite é de 11 euros por cabeza e se poden concertar coa granxa outros servizos de almorzo, xantar…
A Granxa do Souto está en plena natureza, en Mera de Baixo, pero ten un acceso fácil. Os grupos poden ir en autobús e o vehículo atopará un aparcadoiro amplo a douscentos metros.
Tamén son moitos os grupos escolares que elixen viaxar no tren de FEVE, outra experiencia para o alumnado, dende Ferrol-Narón ou desde Burela-Foz-Viveiro. Neste caso, a estación tamén está moi cerquiña, a apenas douscentos metros.
Na Granxa do Souto todo estará preparado para recibir ao colexio. Os monitores ofrecen unha benvida aos diferentes grupos na que, primeiro os escolares disfrutan do petisco de media mañá e a continuación a actividade comeza cunha presentación do que é a vida na granxa. Explican ao alumnado as diferencias entre os animais que viven alí, os coidados que hai que proporcionarlle a cada un e mesmo lles deixan cepillar e poñerlles os aparellos ao cabalo.
As actividades poden variar en función do tempo que teña cada grupo, do número de nenos e nenas e dos seus intereses, pero en xeral a xornada discurre cun bautismo hípico e unha interacción cos animais. Ademáis participan tamén nun obradoiro sobre o millo, no que aprenden a importancia deste cereal, como chegou a Galicia e para que se emprega, ou dan un paseo polas orillas do río Mera e participan en diferentes xogos. Se hai tempo, o fundador da granxa, Manuel Vierna, mostrará ao grupo a Aula da Natureza, na que garda pequenos tesouros etnográficos, achados relacionados co entorno natural que dan pé ao aprendizaxe.
A Granxa do Souto foi en orixe unha explotación láctea, pero hai 18 anos que se convertiu nun espazo para a convivencia e o aprendizaxe. A experiencia e a sensibilidade das persoas que traballan nas instalacións fan que sexa unha visita moi adecuada para nenas e nenos con necesidades educativas especiais. Rapaces e rapazas con Asperger ou síndrome de Down visitan cada ano a granxa.
A xente intereada pode atopar toda a información na web http://www.granxadosouto.es/
Teléfonos de contacto: 606 620 201/ 619 420 792