Os supermercados Gadis levan xa máis de 17 anos desenvolvendo o programa Alimentes. É unha iniciativa dirixida aos colexios de Galicia e Castela e León e específicamente a Infantil e Primaria. A alimentación saudable, a vida activa, o consumo responsable e o desperdicio alimentario son algúns dos conceptos nos que a cadea de distribución quere concienciar aos pequenos, dotando aos profesores de ferramentas pedagóxicas e promovendo visitas aos establecementos.

A campaña do programa Alimentes desenvólvese cada ano entre os meses de xaneiro e xuño. Actualmente xa está aberta a inscrición. Os mestres interesados en participar poden solicitala a través do correo electrónico eleproducciones@eleproducciones.com ou ben chamando ao 686 329 597. Ademais, os supermercados Gadis teñen na súa web un apartado específico do programa no que se poden consultar e descargar os materiais educativos –premede aquí-.

O proxecto Alimentes conta cunha guía de recursos para o profesorado e unhas fichas de traballo na aula. A participación no programa complétase, ao final, cunha visita guiada a algún dos supermercados Gadis. A visita realízase durante aproximadamente unha hora e da man dun educador que reforzará os conceptos sobre os que versa a campaña. Todos os materiais entregaranse aos centros escolares participantes, aínda que tamén poden descargarse na web.

O pasado ano máis de 7.000 alumnos participaron no programa. A final de curso, Gadis realiza o sorteo de agasallos entre os nenos. Desde o ano 2016, supermercados Gadis colaboran na edición da revista DeExcursión, cuxa web conta cun enlace directo á páxina de Alimentes.

Ferrol

Na comarca de Ferrol, son dous os establecementos de supermercados Gadis que abrirán as súas portas aos escolares. Serán os da Praza do Inferniño en Ferrol e o da Estrada de Cedeira, número 146, en Freixeiro (Narón). As visitas serán os mércores e xoves, con dúas quendas diarias de aproximadamente una hora de duración.

Os grupos serán como máximo de 25 alumnos. Os nenos irán acompañados por un profesor. Todos os nenos recibirán un agasallo e poderán participar, ademáis, nun sorteo final con estupendos premios.

supermercados Gadis