albergue Alvarella

O albergue Alvarella, situado no municipio de Vilarmaior e a carón das Fragas do Eume, é un destino do máis axeitado para a educación ambiental. Desde a súa apertura son innumerables os grupos, moitos deles de estudantes, que organizaron viaxes de varios días de duración ao bosque atlántico e outros puntos de interese na comarca do Eume, tomando como base de operacións estas instalacións.
Alvarella é moito máis que un simple albergue. O establecemento conta desde o ano 2009 coa etiqueta ecolóxica ECOLABEL da Unión Europea. É o único en Galicia e o primeiro albergue en España que ten dita distinción. As instalacións están construídas seguindo criterios de sostenibilidade, e son acordes cos contidos e as actividades que se ofrecen aos visitantes.

Rutas polas Fragas do Eume, actividades relacionadas coa enerxía, a auga, os residuos, o consumo e a alimentación, a bioconstrución, visitas de interese cultural, piragüismo, iniciación á escalada, rocódromo, cabalos, iniciación ao surf, snorkel, xogos de orientación, paseos en barco…as posibilidades son case infinitas nun enclave como este.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cadrados e conta cunha residencia con doce habitacións para 2 a 5 persoas, algunhas delas adaptadas para minusválidos. Ademáis hai comedor, espazos cubertos para actividades, piscina, campo de xogos, horta e invernadoiro, entre outras cousas.

Alvarella recibe ao longo do ano a visita de moitos grupos. Entre eles abundan os centros educativos, de toda Galicia e de fóra da comunidade, que elixen este destino para levar aos alumnos varios días. A miudo, a proposta artéllase desde alguna institución municipal, xuvenil…

De Oleiros ás Fragas do Eume

Este último é o caso do Concello de Oleiros, que este ano introduciu na súa «carta» de actividades para os centros educativos do municipio a posibilidade de ir de excursión ás Fragas do Eume e aloxarse no albergue Alvarella. A nomeada institución municipal constrúe cada ano un programa moi completo de propostas que brinda aos colexios e profesofes. Neste «Programa de actividades educativas 2017/2018» hai una chea de actividades para a educación en valores, a educación ambiental, a educación artística, viaria, propostas para as familias ou clases de reforzó escolar, entre outras cousas.

O albergue Alvarella, que se anuncia na revista DeExcursión, está no capítulo de educación ambiental do Concello de Oleiros. Así, durante este curso os grupos de alumnos de 1º a 4º de Primaria dese municipio poden facer una saída de dous días e una noite ao establecemento. No programa incluiranse actividades de turismo cultural, obradoiros, horto ecolóxico, sendeirismo, enerxías renovables e una visita á vila de Pontedeume.

Conscientes do papel activo que ten o Concello de Oleiros na organización deste tipo de saídas para colexios, a axencia Pingota Comunicación incluiuno este ano na lista de envíos da revista DeExcursión. Recentemente confirmáronnos no departamento de Ensino que a nosa revista está enriba da súa mesa e que a empregarán, como ferramenta útil no seu traballo para os colexios.

E tamén ao Museo de Fene

E para confirmar o dinamismo do Concello de Oleiros, outra visita á comarca de Ferrol. Hai poucos días un grupo de veciños dese concello visitou o Museo do Humor de Fene, outro destino da nosa revista DeExcursión.

Está claro que a administración local de Oleiros é quen de promover unha morea de actividades para os seus vecinos, e de que aproveita a proximidade destas comarcas. Encantados de recibilos!

Museo de Fene