«Os roteiros e a paisaxe como recursos de aula» é o título do curso que este luns comezou no Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol para o profesorado. Preto dunha vintena de docentes de diferentes centros da comarca participan neste programa, que xurdiu como consecuencia das conversas e a colaboración establecidas entre o CFR e a axencia Pingota Comunicación en torno á revista DeExcursión. No comezo da actividade, este luns, todos os participantes recibiron un exemplar da publicación, que lles servirá como apoio para preparar as dúas saídas do curso e tamén en adiante, para organizar outras cos seus alumnos.

A revista DeExcursión contén máis de medio cento de propostas para realizar saídas escolares polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. E a filosofía do curso que está a desenvolver o CFR é trasladar aos profesores, e a través deles aos alumnos, a idea de que a paisaxe e o entorno natural é un patrimonio común, algo que hai que coidar e valorar entre todos, rompendo coa conciencia individual que desemboca moi a miúdo no feísmo. O obxectivo é que os centros educativos fagan de caixa de resonancia desta nova conciencia colectiva e para elo nada mellor que saír ao espazo natural para observalo, disfrutalo e apreder del.

Esta proposta de tratar os roteiros como recursos da aula parte dun principio contido na Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, de 2008. O texto teima na importancia de sensibilizar cara a unha conciencia colectiva do contorno. O coordinador do curso, o profesor Francisco Castillo Rodríguez, foi xefe do Servizo da Paisaxe da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta.

Desde a súa experiencia, na que hai moitas actividades de formación dirixidas a técnicos, arquitectos e outros axentes implicados directamente en «facer» paisaxe, destaca a importancia de traballar tamén cos profesores e convertilos en divulgadores desta filosofía.

A interdisciplinariedade é unha característica fundamental desde curso. As saídas ao exterior das aulas poden ter aplicación para tódolos contidos educativos. No programa que comezou o luns no CFR participan profesores de diferentes materias, que poderán levar ás súas áreas o aprendido. Haberá sesión teóricas, nas instalacións do propio CFR, e dúas saídas ao exterior. Concretamente, os profesores farán una excursión de campo pola zona de Valdoviño-Frouxeira e outra ao parque natural das Fragas do Eume, dúas propostas que están na revista DeExcursión.

os roteiros e a paisaxe como recursos de aular

Programa

O coordinador do curso sobre os roteiros como recursos de aula, Francisco Castillo, inaugurou o programa este luns, explicou os fundamentos teóricos da actividade e dirixiu un obradoiro de lectura e interpretación das paisaxes.

Ao comezo desa primeira sesión a axencia Pingota Comunicación fixo una breve intervención. Nela, repartimos a revista aos profesores participantes e explicámoslles os obxectivos do proxecto:

-Facilitar a organización de saídas fóra da aula ao profesorado,

-Poñer en valor os atractivos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e

-Potenciar o seu coñecemento tanto entre os escolares da zona como os doutros centros do resto da provincia da Coruña e a de Lugo, que poden invertir con facilidade unha xornada en vir a coñecelos.

O programa do curso continuará cunha sesión dirixida por Fernando Díaz, sobre «A ilustración na natureza, apuntes sobre a paisaxe como recurso de aula». Manuel Borobio Sanchiz será o relator doutra sesión no CFR, coa temática «As paisaxes litorais». Francisco Castillo volverá a dirixir outra sesión. Estará adicada a desenvolver a segunda parte do obradoiro de lectura e interpretación das paisaxes, e Melania Payán Pérez falará de «A paisaxe e a sustentabilidade».

Intercaladas entre estas sesión dentro da aula, desenvolveranse as dúas saídas. Este mesmo sábado, de 10.00 a 14.00 horas, os profesores farán una excursión por A Frouxeira, en Valdoviño, guiados polo profesor Augusto Pérez Alberti. E o vindeiro día 25, tamén cunha duración de catro horas, irán ao parque das Fragas do Eume acompañados por Javier Guitián Rivera.

Para rematar o programa, o día 29 de novembro celebrarán una sesión de posta en común e entrega dos traballos de cada participante.