A inauguración do Museo do Caldoval é a novidade máis destacada no mapa de destinos para grupos escolares en Ferrolterra. O centro de interpretación vén de abrir as súas portas ao público hai poucas semanas e acaba de poñer a disposición dos centros educativos e profesores un teléfono para reservar visitas guiadas. É o 687 072 116. Tamén atenden as peticións no correo electrónico info@museocaldoval.gal.

O Centro de Interpretación do Caldoval acolle uns restos romanos únicos, polo seu estado de conservación e pola súa singularidade. Corresponden a uns baños, pertencentes a unha vila dunha familia adinerada, posiblemente dalgún comerciante, situada no lugar de Punta Promontoiro, na parroquia mugardesa de Mehá. Cada pedra foi catalogada e trasladada ata o museo actual. O centro está situado moi preto do cemiterio de San Xiao, nun edificio deseñado polo arquitecto Alfonso Penela.

O continente do museo é por si impresionante. A súa estrutura dirixe ao público por un pasillo en espiral hacia o centro da exposición, adentrándose na terra, de maneira que o encontro cos restos queda aislado do entorno, que non é o orixinal no que foron atopados. No interior atópanse todas as estruturas correspondentes ao espazo termal daquela vila de Punta Promontoiro, que foi utilizado desde o século I despois de Cristo ata a caída do Imperio Romano, no século V.

O conxunto é de especial interese tamén polo seu bo estado de conservación. Alí están o apodyterum, o caldarium, o tepidarium e un paño (alveus) de auga fría, así como o área exterior asociada, formada pola palestra e o pórtico, onde os romanos facían exercicio e tamén, de paso, vida social.

Na visita ao Museo do Caldoval, que é unha realidade trazas a colaboración entre a empresa Reganosa e o Concello de Mugardos, aprenderedes moito sobre como era a vida dos romanos, por que se asentaron no golfo Ártabro, cales eran as súas actividades e a importancia que lle daban ao deporte.

De excursión ao Caldoval

A visita ao Museo do Caldoval é unha viaxe ao tempo dos romanos. Xunto coas explicacións dos guías, o percorrido conta con paneis explicativos e vídeos. Todo este material ofrece unha idea moi precisa de como era a vida daqueles moradores. O horario de apertura a partir do 1 de outubro é de venres, sábados e domingos, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Ofrécense visitas guiadas e obradoiros familiares baixo reserva, con todas as actividades de balde. E tamén a partir de outubro comezarán os talleres escolares para os niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. En breve poderemos dar máis información sobre as propostas para cada un dos niveis educativos.

En pronto tamén estará operativa a web www.museocaldoval.gal.

Museo do Caldoval Museo do Caldoval Museo do Caldoval Museo do Caldoval