A xeoloxía está chamada a ser un dos principais recursos turísticos da comarca de Ortegal. Nesta zona están as rochas máis antigas da península ibérica, que son tamén das máis vellas do mundo. E algúns dos restos arqueolóxicos más interesantes de Galicia se expoñen no Museo Ortegalia.

Os concellos que forman parte desta bisbarra están a traballar nun proyecto para crear un gran parque xeolóxico que aproveitaría todo este potencial de diferentes xeitos. Hoxe xa hai varias rutas xeolóxicas en determinadas épocas do ano que organiza cada Concello e que permiten coñecer este rico patrimonio natural.

Sendo como é unha das zonas máis antigas da península, o Ortegal estivo poboado tamén desde hai moitos miles de anos. O Museo Ortegalia, en Ortigueira, é un interesante destino para unha excursión escolar. Aquí poderán ver a cámara megalítica máis antiga de Galicia, que data nin máis nin menos que do ano 4.400 antes de Cristo. Tamén hai moitas pezas procedentes das excavacións realizadas pola Fundación Federico Maciñeira na contorna de Ortigueira.

A visita, que é gratuíta, permite realizar un percorrido pola prehistoria, historia e protohistoria do Ortegal. Para afondar nel cóntase con medios tecnolóxicos didácticos e interactivos.

Esta xornada de excursión pódese aproveitar para coñecer o muíño de vento do Campo da Torre e a propia vila de Ortigueira. O pobo ten moita historia, como o proba o feito de que o edificio do Concello e o Teatro da Beneficencia foron un antigo convento do século XVI. A praia de Morouzos é outra das rutas por este municipio que aparecen no capítulo de rutas desta páxina web. Merecen a pena.

Para obter máis información sobre o Museo Ortegalia ou sobre a vila en xeral pódese consultar a web do Concello de Ortigueira: http://www.concellodeortigueira.com/.