O clásico de Charles Chaplin conta a historia dun obreiro metalúrxico que acaba perdendo a razón polo frenético ritmo da cadea de montaxe. Despois de recuperarse nun hospital encarcélano por participar nunha manifestación na que se atopaba por casualidade. No cárcere axuda a controlar un motín e queda en liberdade e xa fóra reemprende a loita pola supervivencia na compaña dunha moza orfa que coñece na rúa.