Cuando:
28 agosto, 2020 a las 9:30 pm – 10:30 pm
2020-08-28T21:30:00+02:00
2020-08-28T22:30:00+02:00
Donde:
Pavillón da Casqueira, Pontedeume
Precio:
Gratis

«Só» é unha obra de teatro xestual e malabares de Xampatito Pato, que conta a historia dun personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo. Do caos xorde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.