Cuando:
26 enero, 2020 a las 4:00 pm
2020-01-26T16:00:00+01:00
2020-01-26T16:15:00+01:00
Donde:
Agrupación Instrutiva de Caamouco, Ares

Con motivo da festividade de San Vicente (día 26 de xaneiro), a Agrupación Instructiva de Caamouco (Ares) organiza unha celebración que consistirá, ás 16.00 horas, en xogos infantís e, a partir das 18.00 horas, na actuación de Germán Díaz e Benxamín Otero, que interpretarán «Trece cancións bonitas». Durante o concerto sortearase unha estancia dunha noite con almorzo para dúas persoas nun hotel ou casa rural. Entre outras actividades infantís haberá xincana con preguntas e enigmas e para rematar unha merendola.