Cuando:
2 enero, 2022 a las 7:00 pm – 8:00 pm
2022-01-02T19:00:00+01:00
2022-01-02T20:00:00+01:00
Donde:
Auditorio Municipal de Cariño
Precio:
Gratis

Espectáculo incluído na Rede Cultural de Cultura da Deputación da Coruña .

Entrada de balde. Podes recoller o teu convite no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 – 981 420 206).
Sinopse:
Como se dun «circo desastre» se tratase, Odaiko monta o seu propio espazo circense, no que os elementos percusivos van ser os materiais que empreguen para as súas acrobacias. Baquetas voando, tambores usados como apetrechos de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste «circo» un espectáculo para que o público esperte o enxeño e se achegue ao fermoso mundo do espectáculo «cirpercutense».
Odaiko é unha formación artística en continuo proceso creativo caracterizada polo afán vanguardista, o que fai que se experimenten novas técnicas artísticas arredor da música, a danza, o teatro e mesmo o circo. É un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, o flamenco, o folk e mesmo sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa.