Cuando:
30 enero, 2020 a las 10:00 am – 11:00 am
2020-01-30T10:00:00+01:00
2020-01-30T11:00:00+01:00
Donde:
Pazo da Cultura de Narón

O Concello de Narón organiza a representación da peza teatral «Nana para un soldado» con motivo do Día escolar da Paz. Trátase dunha obra da compañía Teatro dos Ghazafelhos que relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que teñen que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto, o nacemento dun neno, tal e como indican dende a propia compañía. A guerra e a morte por un lado e a vida por outro servirán neste caso para ofrecer unha reflexión do absurdo das guerras e o necesario que son o entendemento e o respecto. Así mesmo, sensibilízase ao alumnado ao que se dirixe esta obra sobre a necesidade de vivir a vida dun xeito pacífico, fomentando os valores do respecto, a liberdade, empatía, igualdade, non violencia, tolerancia, cooperación… e reflexionando sobre a desigualdade de xénero e a importancia de evitar actitudes sexistas, facendo visible o papel das mulleres na sociedade actual. O acto reunirá a 538 alumnas e alumnos dos CEIP da Solaina, A Gándara, Piñeiros, Ponte de Xuvia, Virxe do Mar, dos CPR Jorge Juan e Santiago Apóstol e da Escola do Val do CRA de Narón.