Cuando:
20 abril, 2023 todo el día
2023-04-20T00:00:00+02:00
2023-04-21T00:00:00+02:00
Donde:
Convento do Rosario (San Sadurniño)
Precio:
Gratis

O Concello de San Sadurniño celebra este venres o Día do Libro con diferentes actividades.

Así, de 10 a 14:00h, nos arredores do cruceiro -ou no claustro se viñese un día de auga- distribuiranse distintos recunchos para que, quen queira, poida facer lecturas individuais ou sumarse á lectura colectiva dunha obra, participar en tertulias literarias acompañadas de chocolate servido de balde polo Concello, facer unha foto simpática no photocall ou intercambiar libros que traian da casa.

Todas as persoas que se sumen á iniciativa recibirán unha papeleta para entrar no sorteo de varios agasallos.Tamén o alumnado de Infantil e Primaria do colexio, para quen se ofrecerá ás 10:00h na Casa da Cultura o espectáculo de contacontos “Libros contentos” de Carmen Domech, mentres que a poeta con raíces en Ferreira Dores Tembrás dirixirá durante a mañá dous obradoiros creativos para a rapazada de Secundaria baixo o título “Elas, poesía de mulleres” e “Penélope”.