Cuando:
16 marzo, 2024 a las 12:00 pm – 1:00 pm
2024-03-16T12:00:00+01:00
2024-03-16T13:00:00+01:00
Donde:
Biblioteca municipal de Neda
Nova actividade do programa “Lesme un conto?”. A compañía Pérez&Fernández chega á vila co espectáculo de narración oral “Rosa e azul”, unha serie contos teatralizados, que rachan cos estereotipos de xénero. A obra, que bota man de xoguetes e de monicreques artesáns, vai dirixida a menores de máis de 3 anos.
Ábrese o prazo de inscrición, chamando ao 981390233. A actividade, incluída na programación do Mes da muller, é gratuíta.