Cuando:
20 abril, 2023 a las 6:00 pm – 7:30 pm
2023-04-20T18:00:00+02:00
2023-04-20T19:30:00+02:00
Donde:
Biblioteca municipal de As Pontes
Precio:
Gratis
María Faltri é un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega, a vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: Unha picadiscos de música infantil.
Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.
María ten tamén unha ampla experiencia no mundo da animación cultural, un ingrediente perfecto para que o público miúdo xogue, se divirta e aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante
📅 20 de abril
⏰18:00 horas
📍 Biblioteca Municipal 2ª planta
🎟 Entrada gratuita (inscrición previa na biblioteca 981 102 562)
👥 Para nen@s a partir de 3 anos