Cuando:
31 octubre, 2021 a las 6:00 pm – 7:00 pm
2021-10-31T18:00:00+01:00
2021-10-31T19:00:00+01:00
Donde:
Pazo da Cultura de Narón
Precio:
5,50 a 9,50 euros

Alicia é unha obra de teatro familiar e infantil para maiores de 5 anos.

Alicia no país das Marabillas… Un soño, unha viaxe cos ollos pechados a un mundo imaxinario? Un desexo de ver todo doutra maneira? Unha parábola sobre a vida? Un xogo sen regras? Un diálogo entre o absurdo e lóxico?

A Alicia abúrrenlle os libros que non teñen debuxos. “Os libros sen debuxos nin diálogos son os mellores…Convídanche a imaxinar”, recoméndalle a súa irmá. E Alicia imaxina…Un coello que está sempre apurado…Un rato que fai carreiras electorais…Unha oruga que fai preguntas difíciles….Un gato que sempre sorrí…Unha Duquesa que chega tarde…Un sombrerero que vive tomando o té ás cinco da tarde…Unha raíña que lle quere cortar a cabeza a todo o mundo…