MOSTEIRO DE CAAVEIRO E FRAGAS DO EUME
MOSTEIRO DE CAAVEIRO E FRAGAS DO EUME
Centros de recepción de visitantes:
Estrada Pontedeume-Mosteiro de Caaveiro, km 6,Ombre
43°25’37.0”N 8°07’41.3”W
Estrada DP-5003 Monfero
43°20’25.6”N 8°02’16.4”W
Museo Etnográfico da Capela
O Pazo, s/n. A Capela
43°25’34.2”N 8°03’57.8”W
A Deputación da Coruña promove que os escolares coñezan os lugares de maior interese da zona a través do seu programa de turismo escolar. Esta iniciativa inclúe a visita ás Fragas do Eume, onde os nenos e nenas poden percorrer ata catro rutas de sendeirismo diferentes. Un dos lugares polos que poden pasar é o mosteiro de Caaveiro, unha edificación do século X cuxa historia está vinculada a San Rosendo e á orde de San Bieito. Atópase no alto dun outeiro, bordeado polas augas do río Eume e case oculto por un espeso bosque de carballos, felgos e castiñeiros. Os itinerarios propostos poden ser modificados polos centros educativos en función dos seus intereses e tamén poden combinarse entre eles para unha maior experiencia.
Testemuñas de pedra é un percorrido que pasa polo Pazo das Torres do Allo e o Castelo de Vimianzo. Ritual e tradición é un paseo deseñado para dar a coñecer a tradición da olería no ECOmuseo Forno do Forte en Buño e a historia do Dolmen de Dombate, na Cabana de Bergantiños. Romanos no Mandeo inclúe unha visita ao Centro de Interpretación de Teixeiro, en Curtis. Ruta do bosque animado percorre o Pazo de Mariñán e a Casa de Wenceslao Fernández Flórez. A Deputación comezou hai un tempo un concurso entre os escolares co obxectivo de facer máis participativas as visitas e que a rapazada se involucre no coñecemento do patrimonio histórico e cultural do lugar que visiten. O que fan é premiar aos alumnos que máis capaces sexan de reflectir os contidos das visitas a través do debuxo ou da escrita.
Apuntes
- Ruta patrimonial
- Materias: Ciencias Naturais, Bioloxía, Xeografía e Historia, Ciencias Sociais, Educación Física.
- Idades: Desde Educación Infantil ata Bacharelato
- Pódense concertar con antelación visitas guiadas.
- Restrición de acceso de vehículos particulares ao Mosteiro de Caaveiro durante o verán.
- A Deputación de A Coruña pon a disposición dos visitantes un servicio de transporte gratuíto dende o Centro de Interpretación das Fragas do Eume
- Proxecto educativo “Contos desde o bosque”: sdlmedioambiente.com/cuentos-desde-el-bosque-proyecto-educativo/
- Unidade didáctica sobre a natureza e a película de O bosque animado: bit.ly/2YLDSM6