Uxía Lambona e a Banda Molona en Pedroso - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos

Espectáculo musical de Uxía Lambona e a Banda Molona, na Área recreativa de Pedroso, en Narón.
Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Rosca ao acordeón e Uxía cantando e animando!

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar como loc@s a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicais, letras… E temas propios sempre en galego. A día de hoxe teñen tres cd´s publicados.