Teatro de papel nas Pontes - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Teatro de Papel, ca compañía Rauxa, é un espectáculo de circo contemporáneo que mediante a manipulación de obxectos, o clown, o teatro físico e unha bagaxe de monicreques extraordinarios busca reivindicar o poder da imaxinación.

O Teatro de Papel é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen celebración, un monodiálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico. É unha pausa, un erro nun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo no que o mundo se detén e a poesía baila.
A partir de 3 anos
 https://aspontes.sacatuentrada.es/