"Sirocco y el Reino de los Vientos" volve ao Petís Dúplex - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos

Entrada de balde, retirada na billeteira quince minutos antes da sesión.

Juliette e Carmen, de 4 e 8 anos, son dúas intrépidas irmás que, durante un momento de aburrimento, descobren unha pasaxe secreta cara ao mundo do seu libro preferido, O Reino dos Ventos. Transformadas en gatas, as nenas son encarceradas e separadas unha da outra.

As nosas heroínas terán que facer gala de coraxe e audacia para reencontrarse e volver ao mundo real. Coa axuda da cantante Selma, enfrontaranse a Sirocco, o terrible mago, Mestre dos ventos e as tormentas…. Será tan aterrador como suxiren os libros?