"Sinfonía de contos" na Casa Dopeso - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos

«Sinfonía de contos» é un espectáculo de narración oral para público familiar, no que a palabra e a música dialogan en directo. Nesta ocasión presentamos: “Nós tamén [queremos] navegar!”, unha historia que apela á sensibilidade, busca outorgarlle capacidade de decisión ás crianzas e valora a relación que gardamos coa natureza.

A narradora Inma Soto transpórtanos dende un soño da infancia ata o lugar onde cada unha de nós desexemos chegar.
A clarinetista Tamara Soto acompaña con pezas breves, improvisacións e efectos sonoros. Ao longo da sesión introdúcense xogos de ritmos corporais, palmas, así como cantigas participativas que convidan ao público a intervir.