O Centro Cívico e Social de San Mateo, a escola e as súas inmediacións serán o epicentro do Samaín en Narón.
cun completo programa que dará comezo ás 17:00 h e inclúe exposición de cabazas realizadas por alumnado de Narón, obradoiros de cabazas e maquillaxe, actuacións musicais, obradoiro do Medo e a tradicional “Comitiva de Luces e Tebras” (a partir das 20:00 h). Ademais, quen queira poderá degustar, por dous euros, o afamado caldo e os liscos que prepararán representantes da Agrupacion Veciñal San Mateo.
O programa completo pode consultarse na web do Concello.
