«Salvajes» é unha película dirixida polo director suízo Claude Barras, unha fábula ecolóxica chea de personaxes conmovedores e valentes.
En Borneo, no límite da gran selva tropical, Keria acolle a un bebé orangután que atopou na plantación de palmas de aceite na que traballa o seu pai. Xunto ao seu curmán Selaï e o bebé orangután, Keria loita contra a destrución do bosque e vive unha aventura que lle permite conectar coas súas orixes.
Entrada de balde, na billeteira da sala quince minutos antes da sesión.