Rosa e Azul é un espectáculo de narración oral dirixido ao público familiar que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto dende que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respeto, o amor, a tolerancia e a diversidade.
No marco da programación do Concello das Pontes polo 8M, ás 18.00h na Casa Dopeso.
Dirección e produción: Pérez&Fernández
Elenco: Victoria Pérez e Manu Fernández

