Ben é un rapaz de 12 anos cun gran sentido do humor e un talento especial para a cociña e a música. Ao pouco de comezar secundaria namora de Klara, unha compañeira da súa mesma clase. Porén, Max e outros cativos do instituto búrlanse del polo seu físico. Isto semella ser tamén un problema para gustar a Klara polo que decide pórse a dieta e perder peso. Pero Ben finalmente descubrirá que o importante non é como cada un se ve senón como se sente.
Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.
Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

