"Os contos do Lobicán" nas Pontes - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Espectáculo teatral a cargo de Redrum Teatro, na Casa Dopeso, ás 18.00h

 

Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos á vez que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.

O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a transmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

Lobicán é un animalillo curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara á escola e o estudo, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

Os contos do Lobicán é unha historia conmovedora que resalta a importancia da amizade, a aceptación da diferenza e o respecto pola natureza, deixando unha poderosa lección sobre a importancia de valorar as relacións persoais e protexer o noso medio ambiente.