Obradoiro musical para familias en Narón, co programa Apego - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos

A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidante e fascinante por terra, por mar e, sobre todo, por aire.

Pocións, meigallos e conxuros que presentados en forma de cancións e recitados convidan a crianzas e maiores a xogar e cantar.

Data: mércores, 26 de febreiro de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal