Obradoiro de elaboración de perfumes vexetais de Ventos, en Narón, co programa Apego - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

A actividade comeza cunha charla introdutoria sobre a orixe e clasificación dos perfumes; os efectos ambientais (aditivos e fixadores derivados de animais, etc) e na saúde; e recomendacións para a súa escolla e manexo. Tamén se realizará unha demostración de obtención de auga floral e esencias mediante destilación con alambique.

A continuación levarase a cabo un obradoiro de elaboración de perfumes seguindo receitas clásicas, a base de auga floral, esencias e elementos vexetais, e de elaboración de saquiños ambientadores contra insectos. Con dupla función: a de ambientador, e a de tornar insectos coma couzas e carunchos, sen efectos nocivos para a saúde e o ambiente. Elaborados con tecido, plantas aromáticas e aceites esenciais naturais.

Data: sábado, 15 de marzo de 2025

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s:  dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal