Obradoiro de cómic con Inés Vázquez para festexar o Día dos Museos en Fene. As persoas participantes achegaranse ao mundo da banda deseñada da man da autora de Severina e a raíña dos trasnos e Aldara. A lenda do cervo branco.
O Museo do Humor Xaquín Marín abre o prazo para apuntarse ao obradoiro de cómic que impartirá a autora de cómic e ilustradora Inés Vázquez (A Coruña, 1993). A actividade, dirixida a mozas e mozos a partir dos 8 anos e persoas adultas, terá lugar no propio museo o luns 18 de maio, a partir das 18 horas. As inscricións, de balde, deberán realizarse enviando un correo electrónico a museodohumor@fene.gal, indicando nome e apelidos, idade e teléfono de contacto. O número de prazas é limitado (15), cubríndose estas por rigorosa orde de inscrición ate completar o aforo. Actividade organizada co gallo da conmemoración do Día dos Museos 2026.
Estruturado nunha parte teórica e noutra práctica, o obradoiro comezará cun achegamento ao proceso creativo dunha banda deseñada desde cero: guión, storyboard, composición de páxina, así como aos recursos gráficos e narrativos que ofrece este sorporte. A continuación, as/os participantes deberán trasladar un clip dun filme de animación a unha páxina de banda deseñada empregrando os recursos narrativos e gráficos expostos na parte teorica. Terán total liberdade creativa para cambiar os personaxes ou crear elas/es mesmos una historieta curta que non teña nada que ver co clip se así o desexan.

