A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. *Ártika Cía invítannos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.
Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mas… conseguirá convencer Sherekhan de que o deixe quedar?
Música en directo, voces que emocionan e unha posta en escena chea de enerxía dan vida a un dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego. Un espectáculo único, vibrante e cheo de maxia, pensado para a infancia… e para todas as familias que queiran deixarse levar pola forza da aventura.
Para o público familiar, nenos e nenas a partir de tres anos. Prezo das entradas, a partir de 5,50€

