"Monstros no Camiño" de teatro Ghazafelhos na Casa de Cultura de San Sadurniño - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Teatro Ghazafellos representa en San Sadurniño Monstros no Camiño, unhna divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante e as súas familias, que o pasarán de medo con esta historia.

Tres investigadores reúnense en un simposio onde convocarán, coa axuda de unha máquina da súa invención, aos monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño de Santiago. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos… desfilarán polo congreso para ser sometidos, con moito humor, a un escrutinio que lles permita aos científicos e ao público, necesario colaborador nesta aventura, comprobar se existen de verdade ou non.