Leo e a música de Trémola Teatro en Narón - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Leo é o león máis curioso de toda a selva, por iso, un día decidiu ir a dar un paseo polo bosque. Camiñando atopouse cunha bolboreta, un picapau e ata con ras! Cada folla, cada poza e cada animal fai un son diferente.

Será capaz Leo, coa vosa axuda, de descubrir toda a música que hai ao noso redor?

 

Data: mércores, 15 de outubro de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 6 meses a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal