Un espectáculo para as familias inspirado nos cuartos das marabillas ou gabinetes de curiosidades, armarios ou pequenas estancias onde se coleccionaban obxectos encantados e misteriosos, aparellos científicos, antigüidades, exemplares exóticos e todo tipo de prodixios. Esta particular colección dará pé a unha serie de relatos e historias a medio camiño entre o real e a fantasía, entre o máxico e o científico… entre o engano e a diversión.
Público familiar (recomendado (+ 4 anos)
Entrada de balde ata completar a capacidade do local
Lugar; Capela do C.C.Torrente Ballester . Data: 19 de maio. Horario: 18 h

