Festea: "Un mundo perfecto" no Centro Cívico de Caranza - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

A compañía Hilando Títeres, de Madrid, ofrece no Centro Cívico de Caranza, ás 18.30h, o espectáculo «Un mundo perfecto».

Inspirado no conto O congreso dos sabios parvos do autor chileno Saúl Schkolnik, Un Mundo Perfecto é un espectáculo de monicreques que nos transporta a unha expedición científica a principios do século XX. A través de monicreques de mesa, sombras e obxectos, a historia convídanos a reflexionar sobre a convivencia, a empatía e a construción dun mundo en equilibrio.

Deseñado para nenos, nenas e público familiar.

 

xr:d:DAFia9EiDJM:23,j:2305109083740362770,t:23053115