A compañía portuguesa Fio d’Azeite / Rui Sousa Marionetas ofrece o espectáculo titulado «Circu_nstancia», no marco do programa Festea.
Un espectáculo de marionetas de fíos nun ambiente de circo, onde se mostra que o camiño é feito de conquistas, de dificultades, mais con perseveranza se vai moldeando o camiño de cada persoa.
Primeiro o equilibrio, despois a caracterización de paiaso, seguido do malabarismo até chegar ao contorsionismo, funambulismo… velaí o percorrido do personaxe home. Por outro lado, temos outro personaxe, a muller, que sabendo o que quere loita, con moita insistência, pola perfección do xesto, da súa arte… A circunstancia xunta estas dúas almas e pensan facer camiño xuntos, mais nin sempre o camiño é fácil. Aparece un mal que tenta destruír o que os dous conseguiron construír. Mais a perseveranza e o compromiso para connosco e cos outros consegue vencer as dificultades e así chegarse a un final feliz.

