Festa dos Maios na Biblioteca Municipal de Narón
mayo 9 / 11:00 am - 12:00 pm
Está aberto o prazo de inscrición (presencialmente ou chamando ao 981382173) para “Maios, a festa na biblioteca», no Concelllo de Narón, un obradoiro para descubrir, escoitar e crear arredor dunha das tradicións máis fermosas da primavera.
A actividade, dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos, terá lugar este sábado, 9 de maio, ás 11:00 h, na Biblioteca Pública Municipal de Narón, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro.
https://biblioteca.naron.gal/…/maios-festa-na-biblioteca
E o mesmo día terá lugar, a partir das 11:00 h na praza de Galicia, a elaboración dunha gran alfombra floral de 10×10 metros cun deseño do artista naronés Leandro Lamas. Unha vez deseñada, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.
Pola tarde, as inmediacións do Centro Cívico Social de Piñeiros acollerán, ás 16:30 h, a concentración dos maios, que partirán ás 17:00 h en comitiva cara á praza de Galicia, onde se celebrarán unha hora máis tarde os xogos florais con recepción oficial, música dos grupos do
Padroado de Cultura Concello de Narón, exposición de Maios escolares, mostras de Arte Floral dos obradoiros realizados estas últimas semanas… E, como remate, ás 20:00 h a Compañía Nimú porá en escena e o seu espectáculo «Pausa», unha proposta de teatro-circo para todos os públicos.
