Espectáculo de novo circo a cargo de Siempre Arriba
Hoxe é o día. Hoxe ela organizou unha gran festa para celebrar a vida, e onde facer realidade os seus «soños pendentes por cumprir» Temos todo preparado, un triángulo por espazo de xogo, soños que soben, baixan e flotan no aire, temos un DJ, os temazos musicais da nosa vida, circo, ganas e moita actitude. Hoxe é o día de non deixalo para mañá.
Unha proposta desenfadada ambientada nos 80, unha invitación para xogar, a desfrutar, a soltarnos por un día, a vivir celebrando o momento presente.
Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobre todo moito humor, no que con toques de nostalxia cómica, interactúase de xeito directo co público, invitándolle a ser partícipe desta festa do Hoxe si!

