Espectáculo "Coa cabeza nas nubes", en Cedeira - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Un espectáculo teatral de Cía. SÖA.

Un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha chea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse… non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, no canto de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Entre ambos se desata unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se comparan dúas visións da vida. Canto tempo dedicámoslle ao traballo? E ao xogo?. Estamos a traballar demasiado? Queda aínda tempo para xogar?