O Concello de Narón organizou un desfile que sairá ás 17.00h do pavillón da Mocidade, na Gándara, e un festival que se desenvolverá baixo unha carpa na pista polideportiva da Solaina.
O certame será presentado por Teatro Ghazafelhos e contará coa participación de nove comparsas: Tróupele, Tróupele, Os Argalleiros, Os Parrandolos, As Xoaniñas do Chao e Semente de Trasancos (Narón); Os Scratchados (Fene); A Canteira (Neda); A Revolta de Trasancos e Os Colludos (Ferrol).
Haberá tamén un concurso de disfraces con premios nas categorías individual, parella e grupos (ata seis persoas) en categorías infantil e adulta. As persoas interesadas poderán anotarse o mesmo día do certame na carpa da Solaina. www.naron.gal/cat/gal/novas/get/6543