Descubrindo o mundo coa microbioloxía de Fanny Medioambiente - DeExcursión: rutas escolares por Ferrol, Eume e Ortegal
Cargando Eventos
Este evento ha pasado.

Que hai nun charco? Por que as plantas son verdes? Por que a algúns o pole ou o pelo dos animais nos dá alerxia? Que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?

Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade.

Un obradoiro dirixido a todos eses e esas peques aos/ás que lles interesa todo o que nos rodea, incluso aquilo que non poden ver, pero que a súa gran mente científica lles di que está aí, adaptado para que o poidan entender dunha forma sinxela e divertida, e poidan dar os seus primeiros pasos no interesante mundo da microbioloxía.

Data: sábado, 15 de febreiro de 2025

Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 1 hora)

Lugar: centro cívico social do Couto.

Destinatari@s:  dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal